Os Power Rangers chegan á Nintendo DS

xoves, 13 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Hai un par de semanas os usuarios de PC e PS2 puideron achegarse a un novo videoxogo dos Power Rangers que vén de chegar na súa versión para Nintendo DS espallando a coleccións de xogos baseados nesta franquicia televisiva que xa ten 15 anos de vida.
Power Rangers: Super Legends para Nintendo DS ofrece 24 misións con secuencias de intensos combates, moitos momentos de accións, diversidade de vehículos e impactos finais dramáticos para os que hai que facer uso do lapis da consola portátil de Nintendo.
Os xogadores poden tomar o lugar de 1 dos 16 Power Rangers das distintas series de televisión para derrotar ós seus inimigos e mesmo poderán unir as súas forzas coas dun amigo a través do modo multixogador sen fíos da DS.
Este novo título xa está á venda en España por 39,95 euros.


Imaxes do xogo

PUBLICIDADE