Os Sims terán xogo para as consolas de Nintendo

mércores, 13 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A finais de ano os usuarios das consolas Nintendo Wii e DS poderán contar cunha das sagas de máis éxito para PC, a dos Sims, pero dándolles unha imaxe de seu, ou sexa, achegando a aparencia dos protagonistas dos Sims á dos Mii (os simpáticos monecos personalizables que protagonizan moitos dos xogos da Wii) de xeito que MySims leva o simulador de vidas persoais un paso adiante, permitindo a personalización dos xogadores, a creación de novas cidades e mesmo o deseño de mobles a accesorios.
Está por ver se o aspecto máis infantil desta entrega dos Sims resultará atractiva para os usuarios (que poderían no identificarse cos personaxes) ou mesmo lle dá un importante pulo, por achegarse a un público que ata o momento non contaba (xa que os usuarios de PC e das consolas de Nintendo non son precisamente coincidentes).
O trailer do xogo danos unha primeira impresión do que nos achegarán os mozos de EA tralo outono:

PUBLICIDADE