Os Snapdragon 8 Gen 3 potenciarán a IA en dispositivos móbiles
martes, 24 de outubro do 2023
O cumio organizado
por Qualcomm para presentar
os seus novos procesadores serve para facer notar que a IA vai xogar un rol
importante nos móbiles do futuro, xa que o Snapdragon 8 Gen 3 vai achegar a
dispositivos móbiles non só unha grande potencia (como vén a ser habitual nesta
gama de procesadores) senón tamén a posibilidade de tirar proveito da intelixencia
artificial xenerativa a unha velocidade abraiante.
Dende Qualcomm aseguran que o novo procesador será capaz de crear unha imaxe mediante
Stable Diffusion en menos dun segundo, converténdose no procesador máis rápido
do mundo para tal propósito. Tamén soportarÃa modelos de IA multi-modais, serÃa
capaz de correr grandes modelos de linguaxe de xeito local e soportarÃa modelos
de IA orientados ao recoñecemento de imaxe e de voz.
De xeito xeral, estamos ante un procesador que conseguirÃa un 30% máis velocidade
que a anterior xeración e mellorarÃa a súa eficiencia nun 20% no que se refire ao
procesador principal, mentres que no procesador gráfico a mellora de velocidade
serÃa dun 25% e tamén mellorarÃa a súa eficiencia un 25%, ou sexa, que serÃan unha
mellora moi na liña do que achegan os fabricantes de procesadores ano tras
anos, de aà que non deberÃa sorprendernos que centren a presentación do
Snapdragon 8 Gen 3 nas súas capacidades relativas á IA, xa que a súa unidade de
procesamento neural mellorou un 98% en velocidade e un 40% en eficiencia, o que
si é todo un salto de xigante.
Hai moitos fabricantes que xa anunciaron que van equipar os seus móbiles con
estes procesadores, aÃnda que a marca que nesta ocasión poderá presumir de
chegar primeiro non é outra que Xiaomi, que presentará o Xiaomi 14 este mesmo xoves,
polo que en breve poderemos saber máis das posibilidades reais desta nova
xeración de procesadores de Qualcomm.