Os Xogos Olímpicos se poderán seguir en HD de balde a través do Astra

xoves, 17 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Os Xogos Olímpicos se poderán seguir en alta definición a través das plataformas de pago de Digital+ e Imagenio, pero nos últimos días se está a falar da posibilidade de acceder de balde a este sinal que tire proveito dos novos televisores de alta definición, e parece que os usuarios que teñan unha parabólica orientada ao satélite Astra e que coten cun receptor HD (hai modelos dende 169 euros) poderán sintonizar a canle Anixe HD entre os días 9 e 24 de agosto para ver máis de 100 horas de transmisións, pois tal canle se fixo cos dereitos dos deportes de montaña, ciclismo, equitación, tiro con arco, triatlón, vela, surf, maratón e outros, que se poderán seguir en diferido (para compensar a diferenza horaria entre Pequín e Europa).
Anixe HD se pode sintonizar a través do satélite Astra 1H na frecuencia 11.915-H MHz (DVB-S, MPEG-4, SR 27.500, FEC ¾).