Os Xogos con Gold de marzo apostan por franquías populares

xoves, 28 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Semella que Microsoft, consciente de que marzo ía ser un mes chave para PlayStation Plus, quixo realizar unha boa selección de títulos para os seus Xogos con Gold, apostando por xogos que pertencen a franquías moi recoñecidas, conseguindo así transmitir que o seu servizos de subscrición achega xogos de grande valor e en maior número que o seu máis directo competidor.
A partires de 1 de marzo estará dispoñible o xogo Hora de Aventuras: Piratas del Enchiridión, título para Xbox One que permitiranos vivir as aventuras da célebre serie de televisión con Finn e Jake explorando en barco un País de Ooo asolagado procurando solucionar tal misterio e salvar ao mundo. Trátase dunha aventura orixinal que conta coas voces orixinais en inglés.
A partires do 16 de marzo o xogo de Xbox One que recibirán os subscritores Gold de Xbox LIVE será Plants vs. Zombies Garden Warfare 2, un divertido shooter no que dáselle a volta á absurda proposta de Plants vs. Zombies e teremos ás plantas tomando a ofensiva contra os mortos viventes para reclamar as súas terras. O xogo conta cun multixogador para 24 xogadores e cooperativo para 4 xogadores, sendo posible tamén xogar en solitario contra opoñentes controlados pola máquina.
Máis curiosa é a proposta de xogos retrocompatibles que chegan en marzo, de xeito que na primeira metade do mes teremos o clásico Star Wars Republic Commando, shooter estreado para a primeira Xbox que permítenos somerxernos na acción dos eventos das Guerras Clon nunha unidade para destruír ás forzas separatistas.
Completará o mes o xogo de Xbox 360 Metal Gear Rising: Revengeance, unha creación de PlatinumGames que en vez de ofrecer unha experiencia de infiltración como a serie Metal Gear Solid, entra nunha mecánica de máis acción, polo que temos un hack and slash frenético protagonizado por Raiden (personaxe central en Metal Gear Solid 2: Sons of Liberty tamén presente en Metal Gear Solid 4: Guns of the Patriots).

Raiden é o protagonista de Metal Gear Rising: Revengeance

Vídeo promocional dos Xogos con Gold de marzo

PUBLICIDADE