Os actores galegos aparecen recollidos nun novo catálogo en liña
mércores, 26 de novembro do 2008

- Unha das fichas do novo catálogo de actores e actrices
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia
presentou oficialmente hoxe o seu novo catálogo
en liña que pretende servir como ferramenta para promocionar aos
actores e actrices da nosa comunidade, asà como facilitar o traballo das
produtoras á hora de realizar a selección de actores.
O catálogo en liña inclúe unha completa ficha de cada actor (na que figuran o rango de idade, a altura, o peso, a complexión fÃsica, as cores de pelo, pel e ollos, a súa formación, a súa experiencia e os seus premios),
asà como fotografÃas, vÃdeos e ligazóns a documentos PDF cos currÃculos dos
mesmos, e pode actualizarse constantemente, polo que é unha aplicación viva.
