Os deportes volverán á Wii con Sports Island

venres, 14 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Konami anunciou que vai distribuír en Europa o xogo Sports Island para Nintendo Wii, que será un dos títulos deportivos que prometen arrasar en 2008 pola súa variedade de disciplinas deportivas incorporadas e a súa aparencia tan acorde coa consola de Nintendo.
O xogo seguiría os pasos do Wii Sports, pero nesta ocasión os deportes incluídos será patinaxe artístico, fútbol, tiro con arco, snowboarding, volley praia, motocross, curling, baloncesto, badminton, e carreiras de karts, o que asegurará horas de diversión e competición de ata 4 xogadores. Tamén permitirá un uso único do mando da Wii e do Nunchuk.

PUBLICIDADE