Os dispositivos móbiles gañan peso no comercio electrónico
luns, 30 de novembro do 2015
Pasado o Black Friday, dende IBM quixeron aproveitar este
grande fenómeno comercial para analizar o seu impacto en liña empregando a súa
tecnoloxÃa Watson enfocada á análise de Big Data, e deu conta de todo un fito
histórico: o
tráfico provocado no comercio electrónico dende dispositivos móbiles superou
por primeira vez ao tráfico dende ordenadores persoais, acaparando o 57,2%
do volume de datos, aÃnda que en número de vendas limitouse ao 36,2%.
Loxicamente falamos de datos relativos aos EE.UU., onde o Black Friday goza da
tradición que permite facer unha análise temporal do fenómeno, que leva uns
anos disparándose na Rede, e que dende hai 6 anos conta déixase notar en
dispositivos móbiles.
- Evolución das compras en móbiles e ordenadores durante o Black Friday dende 2010 (gráfico elaborado por IBM Watson Trends)
Se analizamos os datos do comercio electrónico segundo o dispositivo empregado
durante o pasado Black Friday pode impresionar o feito de que, só o 42,7% do
tráfico comercial tivese orixe en ordenadores persoais, plataforma que mantén o
63,6% (o que pode levarnos a entender que a xente consulta os produtos no
móbil, pero completa a transacción no PC), pero curiosamente o valor da compra
medio en tabletas serÃa de 136,42 dólares, superando os 134,06 dólares do PC,
tendencia que resulta difÃcil de obviar, e que parece indicar que a tableta
está a adoptar o rol do ordenador persoal no caso de moitos compradores (que
seguen a pechar poucas compras no móbil).
Cómpre destacar que as tendas en liña son moi conscientes deste cambio de
tendencia, e non resulta sorprendente ver como boa parte das mesmas contan con
aplicación móbil de seu, dende a que chegan a facer descontos adicionais, o que
parece unha medida dirixida a incrementar as vendas dende os smartphones, para
asà favorecer as compras máis impulsivas, en boa medida polo feito de que as
pantallas de pequenas dimensións fan máis complicada a comparación de prezos.
- Reparto por plataforma do datos relativos ao comercio electrónico nos EE.UU. elaborados por IBM Watson Trends