Os estudios alleos a Nintendo amosan a súa confianza na Switch 2
xoves, 31 de xullo do 2025
Nintendo celebrou unha nova edición do Nintendo Direct: Partner Showcase, centrado en tÃtulos de terceiros que chegarán tanto a Switch como a Switch 2. A presentación estivo cargada de anuncios de grande calado que amosan un compromiso crecente cos estudios externos e unha vontade clara de reforzar o catálogo da nova consola desde o primeiro dÃa.
O evento comezou coa revelación de Monster Hunter Stories 3: Twisted Reflection, nova entrega da saga RPG de Capcom, que apostará de novo por unha narrativa centrada na relación cos monstros e chegará en 2026 á Switch 2. A proposta visual e temática segue a liña das entregas anteriores, pero promete introducir novos personaxes, criaturas e unha historia máis complexa.
Outra das grandes protagonistas da presentación foi Square Enix, que non só anunciou Octopath Traveler 0, precuela do xogo orixinal con combate por turnos e o recoñecible estilo HD-2D, senón tamén un novo xogo de rol de acción titulado The Adventures of Elliot: The Millennium Tales, no que o protagonista investiga unha forza misteriosa mentres combate en tempo real acompañado dunha compañeira que tamén axuda a resolver quebracabezas. Este último sairá exclusivamente para Switch 2 o vindeiro ano, pero xa conta cunha demo dispoñible.
A presenza de sagas icónicas non se limitou a Capcom ou Square Enix. A franquÃa Zelda tamén tivo o seu espazo cun novo avance de Hyrule Warriors: La era del destierro, entrega ambientada no universo da saga pero cunha xogabilidade baseada en combates masivos ao estilo musou. A falta dunha data concreta, o lanzamento continúa previsto para o inverno.
No ámbito do terror e da ciencia ficción, o estudio Bloober Team, coñecido polo seu traballo no remake de Silent Hill 2, presentou Cronos: New Dawn, unha aventura de supervivencia con combate en terceira persoa e toques psicolóxicos, que estará dispoñible o 5 de setembro, coincidindo co seu lanzamento en Xbox, PlayStation e PC.
Para moitos, o prato forte da presentación foi EA Sports FC 26, xogo de fútbol que podemos ver por primeira vez en acción na súa versión para Nintendo Switch 2, permitindo comprobar asà que tal versión do tÃtulo está á altura do xogo para consolas da actual xeración, e non se trata dun xogo reducido como é o caso da anterior Switch, dicindo adeus a unha discriminación histórica para as consolas de Nintendo.
Durante a emisión tamén se puideron ver versións para Switch e Switch 2 de tÃtulos como Final Fantasy Tactics: The Ivalice Chronicles, Persona 3 Reload, Dragon Ball: Sparking! Zero, Star Wars Outlaws, ou Apex Legends, asà como novas entregas ou revisións doutros clásicos como Once Upon a Katamari, Pac-Man World 2 Re-Pac, Plants vs. Zombies: Replanted ou Yakuza Kiwami e Kiwami 2. Entre as propostas máis singulares destacou Chillin’ by the Fire, un xogo relaxante no que se pode acampar, facer malvariscos e conversar arredor dunha fogueira, xa dispoñible para Switch 2, ou Hela, unha aventura protagonizada por un rato que leva unha ra a modo de mochila e que verá a luz en 2026.
O Nintendo Direct deixou clara a intención da compañÃa de reforzar a súa relación cos grandes editores e de garantir que a súa nova consola non quede atrás en lanzamentos.
O último Nintendo Direct: Partner Showcase Ãntegro
