Os instrumentos de Rock Band poderanse mercar por separado

venres, 25 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Pese a que o xogo Rock Band aínda se vende só nos EE.UU., está a dar moito que falar por mor do seu éxito e dos seus orixinais accesorios (unha guitarra, unha batería e un micrófono). Para poder popularizar este título, os instrumentos musicais do mesmo se poderán mercar por separado, saíndo en febreiro a batería por 79,99 dólares, e a guitarra eléctrica sen fíos a 59,99 dólares, de xeito que o xogo solto se poderá adquirir a un prezo accesible (a 49,99 dólares para PS2, fronte ós 159,99 dólares da edición especial co tódolos instrumentos).

Drum Machine

Amais, a batería de Rock Band tamén está a ser obxecto de moitas miradas grazas a unha aplicación informática para PC, Drum Machine, que permite utilizar o xoguete coma unha batería electrónica de verdade, o que supón un importante aforro para os que queiran experimentar con este tipo de instrumentos musicais.
Podemos ver unha demostración do seu funcionamento no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE