Os mapas a pé de rúa de Google captan numerosas curiosidades

luns, 4 de xuño do 2007 Marcus Fernández

Varias mozas tomando o sol aparecen na Street View de Google MapsTrala incorporación ó servizo de mapas de Google da posibilidade de somerxerse en vistas de 360º a pé de rúa moitos usuarios detectaron curiosidades que algúns entenden como detalles graciosos e outros o ven como ameazas á privacidade.
Pese a que a novidade en Google Maps só está dispoñible para unhas poucas cidades norteamericanas, a cantidade de elementos destacados ata o momento é abraiante, pois tanto se ve a unha persoa entrando nunha libraría para adultos coma o tanga dunha rapaza que está subindo a un coche (de aí a alarma polo nivel de detalle das imaxes), xunto coa típica imaxe dunhas mozas tomado o sol ou un coche superando o límite de velocidade (e sendo detectado por un radar). Incluso varios empregados de Google posaron para unha das fotos, coñecedores de que aparecerían no Street View.
Ante a preocupación por este asunto, dende Google xa aseguraron que eliminarán as imaxes que soliciten as persoas prexudicadas no caso de que consideren que violan a súa intimidade, aínda que recoñecen que o número de reclamacións é moi reducido.