Os naipes de Magic dan o salto aos eSports

venres, 7 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Hasbro e Wizards of the Coast anunciaron a pasada noite un novo programa de eSports que chegará en 2019 ao redor de Magic: El Encuentro, célebre xogo de naipes coleccionables, que contará cunha bolsa de premios de 10 millóns de dólares entre as edicións dixital e física de Magic.
Actualmente hai máis de 35 millóns de xogadores de Magic espallados por máis de 70 países, e agora poderán contar cunha plataforma que permitiralles competir.
A Liga Profesional de Magic (MPL) establece un novo nivel de profesionalidade e destacar aos 32 mellores xogadores do mundo. Os xogadores poderá optar a contratos de xogo e streaming por valor de 75.000 dólares, e xogarán en partidas semanais de Magic: The Gathering Arena como camiño para introducirse nos eventos de campionato oficial.
Cómpre salientar que unha das 4 cidades do mundo nas que está programada unha das competicións de Magic será Barcelona, onde se xuntarán xogadores de todo o mundo entre os días 26 e 28 de xullo.

Magic: The Gathering Arena leva a experiencia de Magic ao contorno dixital

Vídeo no que anunciaron o salto de Magic aos eSports

PUBLICIDADE