Os nómades dixitais poden contribuÃr á dinamización do rural galego
martes, 19 de decembro do 2023
O secretario
xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e EconomÃa Social, Pablo
Fernández, acompañado da directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego,
Margarita Ardao, visitou
hoxe o proxecto de coliving iSlow Costa da Morte en Laxe, onde referendaron
o compromiso da Xunta de Galicia de aproveitar o potencial innovador do rural
para atraer traballadores. Coa súa visita, os representantes autonómicos
puxeron en valor esta iniciativa que avoga por revitalizar as contornas rurais
e por contribuÃr ao seu desenvolvemento económico.
A Xunta quere dar
cabida na comunidade a nómades dixitais ou profesionais en remoto a través de
espazos coliving, que engaden aos servizos de coworking a posibilidade de
residir nestes lugares de xeito temporal. O obxectivo desta iniciativa é seguir
dinamizando o rural galego, xerando actividade económica dun modo sustentable e
innovador.
O proxecto quere
aproveitar o potencial de crecemento das contornas rurais, que xa se está a ter
en conta no despregamento da Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego
que conta na actualidade con doce centros activos, tres deles na provincia da Coruña:
Coristanco, Ferrol e Melide.