Os novos auriculares para PS4 serán compatibles con PS VR

luns, 5 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

Cada certo tempo renóvanse os auriculares sen fíos para as consolas PlayStation, e desta volta temos a piques de recibir no mercado europeo o novo Gold Wireless Headset, que ofrece maior comodidade e micrófonos con cancelación de ruído ocultos en varias posicións, de xeito que son un excelente produto para gozar de son estéreo e á vez poder tamén conversar en liña con amigos e compañeiros de equipo.
Pero este produto vai un pouco máis aló, e tamén permite gozar de son virtual envolvente 7.1 de alta fidelidade (o que intensifica a experiencia dos xogos de PS4) e, grazas ao uso dun cable de 3,5 milímetros (incluído) pode empregarse tamén con PlayStation VR e dispositivos móbiles. O deseño dos novos auriculares facilitan o seu uso co casco de PlayStation VR de xeito confortable, facilitando a inmersión na realidade virtual.

Os novos auriculares teñen un deseño que permite un uso cómodo co casco de PlayStation VR

PUBLICIDADE