Os programadores decidirán se os seus xogos de Xbox One poden funcionar con teclado e rato
mércores, 26 de setembro do 2018
Grazas á colaboración entre Microsoft e Razer, en poucas
semanas os
desenvolvedores de xogos para Xbox One poderán incorporar ás súas creacións o
soporte de rato e teclado, de xeito que serán os creadores os que definirán
totalmente como será o funcionamento dos seus produtos mediante estes sistemas de
control.
Deste xeito, aÃnda que a Xbox One sexa compatible con practicamente todos os
ratos e teclados USB do mercado, estes accesorios non funcionarán de xeito
predeterminado nos xogos, senón que os programadores poderán decidir se as súas
creacións son compatibles cun sistema de control imperante en PC.
Nas vindeiras semanas haberá tÃtulos que incorporarán este soporte de rato e
teclado, o que supón un cambio notable na experiencia de xogo, polo que haberá
que comprobar a resposta da comunidade de usuarios ante a posibilidade de que
coexistan en partidas en liña xogadores que empreguen distintos sistemas de
control, por precisións e velocidades diferentes, o que pode supor vantaxes que
algúns non considerarÃan xustas.
