Os servidores de Anthem deixarán de operar a primeiros do ano que vén
xoves, 3 de xullo do 2025
O estudio BioWare anunciou oficialmente a retirada de Anthem, o seu videoxogo multixogador en liña lanzado en 2019 (non carente de problemas técnicos). Os servidores permanecerán activos ata o 12 de xaneiro de 2026, data na que o tÃtulo deixará de estar operativo. BioWare quixo agradecer o apoio dos xogadores ao longo destes anos: «A vosa dedicación, paixón e apoio significaron moito para nós».
A compañÃa confirmou que, a partir de agora, xa non será posible adquirir moeda premium dentro do xogo, aÃnda que os xogadores poderán seguir usando o saldo restante ata o peche definitivo dos servidores. O xogo tamén será retirado do servizo EA Play o 15 de agosto de 2025.
Cómpre lembrar que Anthem foi deseñado exclusivamente como un tÃtulo en liña, polo que unha vez desconectados os servidores, non será posible continuar xogando nin sequera en modo sen conexión. Non obstante, aqueles que xa adquiriran o xogo poderán seguir descargándoo e xogándoo ata a data do seu peche definitivo.
Desde o estudio salientaron que esta decisión non implica despedimentos dentro da empresa.