Os subscritores de PS Plus recibirán en outubro xogos de recheo
mércores, 26 de setembro do 2018
Semella que pasado o verán, e quedando aÃnda bastante para o
Nadal, as compañÃas de videoxogos relaxan a súa oferta de xogos para os usuarios
subscritos aos seus plans de pagamento para xogar en liña, e ao igual que os
Xogos con Gold de Xbox para outubro son bastante decepcionantes, os
que recibirán os subscritores de PlayStation Plus van polo mesmo camiño.
A partires do 2 de outubro estarán dispoñibles para PlayStation 4 Friday
the 13th: The Game, ou sexa, a adaptación ao videoxogo da saga de
filmes de Venres 13, que pode resultar
curioso, pero tamén pode considerarse todo un fracaso comercial; e tamén Laser
League, un xogo do estudio detrás de OlliOlli (505 Games) que permitirá botar partidas de 2 contra 2 ou
3 contra 3, e que ata o momento podÃa considerarse como todo un descoñecido
para o grande público.
Se mirarmos os xogos para PlayStation 3 tamén atopamos puro recheo, como serÃan
Master
Reboot e The
Bridge (destacando este último por ser compatible tamén con PS4 e PS
Vita); e o mesmo acontecerÃa con PS Vita, para a que chegan os xogos Rocketbirds
2: Evolution e 2064:
Read Only Memories (ambos compatibles tamén con PS4).
En definitiva, que outubro será un mes de
trámite para os subscritores de PlayStation Plus, que claramente non
estarán satisfeitos con estes tÃtulos, especialmente porque o servizo subiu
recentemente de prezo, polo que non parece xusto que a oferta de xogos sexa tan
pobre.
Último vÃdeo promocional de PlayStation Plus
