Os subscritores de pagamento de Xbox LIVE poderán gozar de 3 xogos de balde esta fin de semana
venres, 4 de maio do 2018
ata o remate da fin de semana os usuarios Gold de Xbox LIVE teñen
a oportunidade de xogar de balde a tres xogos, For Honor, XCOM 2 e Just Cause 3¸ que pese a non seren
novidades conservan bastante frescura e, no caso de resultar satisfactoria a
experiencia, durante estes dÃas están de oferta con descontos significativos,
sendo posible mercar
Just Cause3 por só 6 euros, XCOM 2
por a partires de 16,50 euros e For
Honor por dende 17,50 euros. As versións máis completas dos citados
xogos teñen descontos equivalentes.
Just
Cause 3 é un xogo moi dinámico e espectacular, no que tomamos o rol de
Rico RodrÃguez, un heroe de acción que terá que loitar para liberar unha illa
do Mediterráneo do xeneral Di Ravello, nunha aventura chea de destrución, armas
de fogo e vehÃculos moi variados, dende os que experimentar secuencias moi
cinematográficas.
XCOM
2 é un xogo de estratexia por quendas de corte máis clásico, no que hai
que confrontar a unha invasión alienÃxena para garantir o futuro da humanidade.
Trátase dunha revisión dunha saga clásica, que coa súa renovación demostrou que
a súa fórmula segue moi vixente, como poderá comprobarse de balde ata as 9 da
mañá do luns.
For
Honor, pola súa banda, é unha proposta máis arriscada, na que podemos comprobar
o desenvolvemento de combates entre guerreiros templarios, samurais e
viquingos, con mecánicas nas que buscan reflectir a violencia dos
enfrontamentos e que estes dÃas permite que comprobemos as moitas novidades que
recibiu dende o seu lanzamento.

- O enfrontamento entre guerreiros de estilos moi diferentes é un dos grandes atractivos de For Honor
