Os tempos de carga dos xogos PSP medran esaxeradamente
mércores, 18 de outubro do 2006
Moita xente sostén de xeito pesimista que non hai nada mellor para acelerar a chegada dun autobús á súa parada que prender un pitillo mentres se agarda, pero se isto o queremos aplicar ós xogos para móbiles e consolas portátiles, veremos como o seu uso para encher baleiros no noso tempo cada dÃa é máis complicado, converténdose en dispositivos para o seu uso intensivo, xa que os tempos de carga dos xogos fan que non pague a pena empregalos nos tempos mortos, ou iso parece tras ler un informe elaborado por GameSpot no que dan conta dos tempos de carga dos xogos para a consola PSP de Sony, que sitúa en preto de 2 minutos o tempo de carga medio dos videoxogos, chegando nalgún caso ós 4 minutos, o que xa resulta escandaloso.
Cando os usuarios xogos coa súa consola doméstica xa dan por sentado que teñen que agardar a que inicien os xogos, pero neses momentos os usuarios poden ver a televisión, escoitar música ou organizar o seu salón para as partidas que van botar coa consola, mentres que nos dispositivos portátiles a xente normalmente busca xogar pouco tempo, polo que os tempos de carga poden ser todo un problema.
Nun principio, os xogos sinxelos (coma os de puzzles) teñen uns tempos de carga aceptables, de pouco máis dun minuto, pero como cada vez os xogos teñen máis prestacións, chegamos a casos coma o WWE SmackDown ou RAW 2006 que precisan de máis de 4 minutos para poder comezar unha partida, o que leva a moitos usuarios a lembrar vellos ordenadores con unidades de cinta (coa o Spectrum) nos que era normal agardar ese tempo para xogar, pero na actualidade os usuarios son moito máis esixentes.
Ó parecer estes tempos de retraso na carga dos xogos están provocados porque a lectura se realiza a través de unidades ópticas (discos UMD) en vez dos vellos sistemas de cartucho coma os que ten as GameBoy, o que fai que por termo medio un xogo de Nintendo DS cargue 4 veces máis rápido que un de PSP, o que deberÃa chamar á reflexión sobre o deseño das consolas portátiles, que farÃan ben en apostar por sistemas máis eficientes de carga.
No estudio de GameSpot pódense consultar os tempos de carga de 80 xogos, caracterÃstica que incluso poderÃan incluÃr na caixa dos xogos, xa que poderÃan ser un factor decisivo para a compra dos mesmos. Haberá que comezar a pór na balanza os factores de complexidade e tempo de carga, para ver ata qué punto compensa engadir detalles a un xogo dunha consola portátil a costa de impacientar ós usuarios.