Os tribunais continúan a dar luz verde a Prisacom para adquirir Meristation
xoves, 12 de xuño do 2008
O pasado novembro
sabiamos dunha resolución
xudicial que autorizaba a Prisacom a adquirir a web de videoxogos Meristation
en virtude dun contrato de 2002 que permitirÃa a PRISA mercar o medio
electrónico por 600.000 euros, prezo co que non están conformes os seus
fundadores, polo que recorreron a sentenza e agora sabemos que a
apelación volve a darlle a razón ao Grupo PRISA, de xeito que poderá
incluÃr aos seus medios esta web que actualmente conta con máis de 5.000
análises de videoxogos e que é un dos medios de referencia do sector.
A sentenza non só pide respectar o acordo inicial, senón que tamén insta a
Meristation Magazine a indemnizar a Prisacom por danos e prexuÃzos, aÃnda que o
litixio aÃnda non rematou, pois a
sentenza non é firme.
Parece inevitable que Meristation remate sendo un medio do Grupo PRISA, polo
que unha vez que remate toda esta operación haberá que ver se a publicación
mantén a súa posición na Rede, pois outros medios españois de éxito perderon
pulo ao deixar a súa dirección os seus
promotores iniciais.
