Os usuarios que reserven Crysis poderán acceder a unha demo e á versión de proba do xogo

luns, 29 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Crysis é un dos xogos de acción en primeira persoa máis agardados para PC, e o pasado venres estreou unha versión de demostración que só funciona no modo de 1 xogador durante 24 horas, que permite facer un achegamento ó xogo completo, pero os usuarios que decidan reservar o título (pagando os 49,95 euros do seu prezo) recibirán non só a demo, senón tamén unha versión beta multixogador, o que supón un interesante engadido para os xogadores máis impaciente.
Ademais, a versión de un xogador inclúe o editor Sandbox2, que permite comezar a editar contidos para o xogo final antes da súa venda (o que enriquecerá o seu lanzamento). O impresionante xogo chegará ás tendas españolas nun par de semanas.

PUBLICIDADE