Os vídeos de YouTube axúdanlle á TV a adquirir maior audiencia

venres, 24 de novembro do 2006 Fernando Sarasketa

A cadea de televisión estadounidense CBS asegura que dende a firma dun acordo con YouTube para pendurar vídeos con contidos da súa programación no coñecido portal, o número de espectadores dalgún dos seus programas aumentou notablemente (até un 5% nalgún caso concreto, coma no caso do programa de David Letterman).
Mais a cadea norteamericana non lle atribúe este éxito unicamente a YouTube, senón que tamén (asegura), se debe á chegada dun novo público obxectivo, que responde positivamente ós contidos de lecer e que coincide cos gustos da audiencia de ambos medios.
O vicepresidente de contidos de YouTube, Kevin Donahue, amosouse satisfeito coa colaboración que mantén coa CBS e louva o “fenomenal” traballo de contacto e interacción desta cadea coa comunidade YouTube.

PUBLICIDADE