Os videoxogos volven protagonizar unha nova edición da Hobbycon
venres, 26 de xullo do 2019
As instalacións de PALEXCO acollen un ano
máis a feira multidisciplinar Hobbycon, que está a xuntar
a seareiros de distintas disciplinas nos lecer alternativo como serÃan a banda deseñada, o manga, os
xogos de mesa, o K-pop, a cultura asiática e os videoxogos.
Precisamente o
mundo dos videoxogos ten unha presenza que poderiamos considerar transversal,
xa que, aparte de postos de xogo libre no recinto e a celebración de numerosos
torneos, a cultura do gaming invade outros ámbitos, de xeito que a
meirande parte dos cosplays que poden verse ata o domingo en PALEXCO están
inspirados en videoxogos como League of Legends ou Nier: Automata.
Tamén están
presentes os creadores independentes de videoxogos KST Studios co seu xogo Sea Bubble,
e na sección de artesanÃa podemos atopar á xente de Identik3D comercializando pezas impresas en
3D inspiradas en videoxogos como Pokémon ou StarCraft.
Na fin de semana celebraranse diferentes competicións de videoxogos e tamén
cómpre advertir de que o domingo os cosplayers poderán acceder ao recinto de balde.

- KST Studios permite xogar ao seu Sea Bubble no recinto de PALEXCO

- Identik3D leva a Hobbycon diferentes impresións 3D inspiradas en videoxogos
