Os xogos de BioShock están incluídos na selección de PlayStation Plus de febreiro

xoves, 30 de xaneiro do 2020 Marcus Fernández

Por fin sabemos os xogos que en febreiro recibirán os subscritores de PlayStation Plus, e a selección resulta moi atinada para moitos pola súa diversidade e polo feito de contar como título principal con BioShock: The Collection, recompilatorio que inclúe BioShock, BioShock 2 e BioShock Infinite, títulos de grande éxito que nesta edición inclúen todos os contidos adicionais e unha remasterización gráfica para que poidan correr todos a 1080p.
Máis ocasional resulta Los Sims 4, unha entrega máis dunha das sagas de máis éxito dos últimos tempos, que permite crear un mundo de Sims nos que poder personalizar detalles dos protagonistas e os seus fogares, conseguindo unha completa experiencia de xogo.
Un título interesante, que precisa de PlayStation VR para xogar, é Firewall Zero Hour, un xogo de acción táctico de 4 contra 4 desenvolvido coa vista posta na realidade virtual.
O xogo non só presenta uns gráficos inmersivos de impresión e escenarios nos que moverse con liberdade de movementos, senón que tamén ten un son tridimensional envolvente que dota ao título dun grande realismo e unha inmersión notable.
Dende PlayStation Talets chegará tamén Aces of the Multiverse, xogo que convídanos a explorar un multiverso que mestura fantasía e deporte.

PUBLICIDADE