Os xogos de Xbox comprados en dixital comezan a estar dispoñibles en streaming
mércores, 11 de decembro do 2024
Xbox vén de anunciar que os usuarios de Game Pass que estean inscritos nos aneis Alpha Skip-Ahead e Alpha do programa Xbox Insiders poden xa gozar da transmisión de xogos en streaming que teñan adquirido dixitalmente e non formen parte do catálogo incluÃdo co Game Pass, operando asà como unha completa consola na nube.
Esta novidade está inicialmente dispoñible dende consolas Xbox Series X|S e Xbox One, e en 2025 pasará a estar dispoñible tamén a través da aplicación de Xbox para Windows (de xeito que ordenadores con prestacións limitadas poderán gozar de xogos con gráficos avanzados grazas á nube).
Esta funcionalidade pode resultar moi práctica para gozar de xogos sen a necesidade de descargalos e instalalos, xa que funcionan de xeito instantáneo a través de streaming, o que supón un aforro de tempo e de espazo de disco na consola.
O número de xogos dispoñibles en streaming aÃnda é limitado, de xeito que polo momento son pouco máis de medio cento, pero está previsto que a relación de xogos que permitan o seu goce en streaming medre paulatinamente nos vindeiros meses (o que lembra a como, no seu dÃa, foi medrando progresivamente os xogos dispoñibles como retrocompatibles).