Os xogos feitos en SCUMM poderán xogarse no iPhone
mércores, 24 de outubro do 2007
Os usuarios do iPhone e do iPod Touch que instalar
nos seus dispositivos aplicacións alleas a Apple poden celebrar que certos xogo
clásicos se poderán achegar ós seus trebellos, xa que veñen de
probar que o motor ScummVM funciona neste tipo de terminais, aÃnda que
falta bastante para que estea optimizado (en boa medida pola dificultade de
manexalo de xeito preciso cos dedos e non co rato do ordenador).
ScummVM é unha plataforma de emulación para xogos de Lucas Art’s coma Maniac Mansion, Day of the Tentacle, as dúas primeiras entregas de Monkey Island, Sam & Max, The Dig, Indiana Jones and the Last Crusade, Indiana Jones and the Last Crusade, Gobliiins, Loom, Simon the Sorcerer, Waxworks, Spyfox, Elvira, Zak McKracken and the Alien Mindbender e moitos outros, que poderán incorporarse á oferta do lecer para o iPhone e o iPod Touch.