Os zombis invaden a Nintendo Wii
venres, 30 de novembro do 2007
Este venres chega ás tendas Resident Evil: The Umbrella Chronicles, que é a primeira entrega
desta saga para a Nintendo Wii, polo que sorprende que este tipo de xogo tan
terrorÃfico desembarque nunha consola habitualmente asociada cun público
infantil ou con xogadores ocasionais.
Os xogos de Resident Evil
(que mesmo inspiraron 3 pelÃculas) sumen ó usuario nun ambiente sombrÃo, no que
hai que enfrontarse ás consecuencias da liberación dun virus desenvolvido pola
Corporación Umbrella que converte á xente en zombis, aÃnda que tamén aparecen
outros monstros creados por enxeñerÃa xenética.
Este tÃtulo para Wii presenta unha perspectiva subxectiva, e o xogador pode
empregar o mando da Wii para apuntar e disparar ás ameazas que van aparecendo
na pantalla (podéndose empregar o accesorio Wii Zapper para dar máis
realismo á experiencia), tendo que axitar o mando para recargar a arma. En
certos momentos tamén hai que pulsar un botón en particular o efectuar un
movemento determinado para esquivar un perigo (Quick Time Events) polo que os
reflexos do xogador serán os que o salven de rematar infectado polo virus T.
A trama do xogo desenvolverase en 4 localizacións: o descarrilamento do tren, o
incidente da mansión, a destrución de Raccoon City e a fin de Umbrella. Cada
capÃtulo contará con 3 niveis nos que podemos elixir entre 2 personaxes a
controlar (cada un con distintas capacidades fÃsicas) e mesmo existen algúns niveis desbloqueables.
Quedará por ver se os usuarios da Wii acollen positivamente un xogo que nun
principio parece máis propio do PC ou das consolas de videoxogo de Sony ou
Microsoft.
