PC Fútbol estréase en móbiles Android
venres, 9 de febreiro do 2018
Hoxe chegou oficialmente
a Google Play o xogo PC Fútbol 18,
tÃtulo de administración de equipos de fútbol que volve á vida tras máis dunha
década, e que estréase
asà en dispositivos móbiles, esperándose que en breve tamén estea presente
na App Store.
Este xogo baséase na interface dos anteriores PC Fútbol, é cross-platform
(permite gravar partidas para xogar e continualas en calquera dispositivo) e
promete numerosas optimizacións a nivel de control e interface máis que
discutibles nun produto bastante mellorable que como principal carencia ten a
ausencia de licencias deportivas, o que suplen incorporando un editor para que
os usuarios poidan mudar os cadros de xogadores para que coincidan coas
formacións oficiais.
Este PC Fútbol móbil conta con 17
ligas en total e moitas opcións propias dos xogos de manager de fútbol para PC, pero a adaptación ás pantallas dos
teléfonos non parece ser moi atinada, o que fará que moitos poñan en dúbida
pagar os 9,99 euros que custa este xogo que ten moito que mellorar para estar á
altura dunha marca tan recoñecible.
