PRISA devolve as súas licenzas de TDT local en Aragón
mércores, 30 de decembro do 2009
Despois de
múltiples concursos de licenzas para emitir a través da TDT nas cidades e
comunidades autónomas españolas, estamos a ver cómo moitos dos adxudicatarios
non son capaces de levar a bo porto as súas empresas, e especialmente as canles
de televisión dixital de ámbito local están a quedar nun incómodo limbo, polo
que deberÃa tomarse exemplo do acontecido en Aragón, onde o grupo PRISA vén de
renunciar a todas as súas adxudicacións, devolvendo
as 12 licenzas acadadas en 2006 por considerar inviable a súa liña de
negocio de TDT local.
O grupo de comunicación chegou a un acordo co Goberno rexional para recuperar
os avais en concepto de garantÃa provisora que sumaban un total de 450.000
euros, e agora falta por concretarse o destino das licenzas de TDT devoltas.
