PS Plus inclúe Titanfall 2 entre os seus xogos de decembro
xoves, 28 de novembro do 2019
Os subscritores de PlayStation Plus recibirán no mes de decembro
entre a súa selección de xogos un tÃtulo tan relevante como Titanfall
2, creación de Respawn Entertainment que ofrece tanto unha innovadora campaña
para un xogador como un frenético multixogador no que combater no terreo como
humanos ou pilotando enormes titáns mecánicos.
Este intenso shooter en primeira persoa non chega só, senón que está
acompañado polo xogo oficial de Monster
Energy Supercross, tÃtulo que convida a participar en carreiras de supercross
percorrendo pistas oficiais ou incluso pistas creadas polos usuarios (que poden
compartirse en liña).
Como guinda, tamén inclúen o xogo de PS Talets eCrossminton,
simulador do xogo de raqueta emerxente coñecido como crossminton, no que
os xogadores están situados en dous campos separados sen rede, empregando un
volante e raquetas especiais. Pode xogarse tanto en partidos individuais como
dobres.

- Monster Energy Supercross permÃtenos competir en pistas oficiais de supercross
