Pagan 3 millóns de dólares polo dominio vodka.com

luns, 18 de decembro do 2006 Marcus Fernández

Parecía que a venda millonaria de dominios da Internet era unha cousa do pasado, quedando afastados casos coma o de sex.com ou business.com, pero agora a empresa Russian Standard parece resucitar esta práctica máis propia dos días da burbulla das puntocom pagando 3 millóns de dólares polo dominio vodka.com (que agora dirixe á súa web).
A compañía que fixo tal operación é o meirande fabricante de vodka de Rusia, e pretendería así impulsar a súa presenza no mercado norteamericano, no que entraron hai pouco máis dun ano.

PUBLICIDADE