Pagan 9.100 dólares por un videoxogo de 90 dólares
luns, 17 de decembro do 2007

- O xogo que se vendeu a través de eBay
Un pai canadense percorreu multitude de tendas durante
2 semanas para conseguir facerse co xogo Guitar
Hero III para a Nintendo Wii, de xeito que o seu fillo de 15 anos poderÃa
ver como na noite de Nadal era un dos poucos afortunados en verse agasallado
cun dos tÃtulos máis desexado destas festas, pero todo apunta a que non será asÃ,
pois o proxenitor quedou moi decepcionado ó pillar ó seu cativo fumando porros
cun par de amigos.
Para escarmentar ó seu fillo, o profesor de escola canadense decidiu ofertar
o videoxogo nunha poxa en eBay, sorprendendo o feito de que, pese a que o
prezo de venda do produto era de 90 dólares, a subhasta rematou
cunha oferta dun australiano por 9.100 dólares, polo que o que pretendÃa
ser unha lección resultou ser un negocio.
Tralo remate da poxa o pai asegurou que mirarÃa de regalarlle ó seu cativo algún
xogo para a Wii, pero que non serÃa o Guitar
Hero III, senón que tiña en mente tÃtulos coma Barbie: La Princesa
de los Animales ou Dancing with the
Stars, que sabe que van ser do gusto
do seu rapaz.
