Pagan máis de 30.000 dólares por unha copia sen abrir do Super Mario Bros
xoves, 27 de xullo do 2017
Esta claro que cando falamos de coleccionismo non existe o
concepto de prezo de mercado, xa que os produtos custan o que alguén estea
disposto a pagar, e no caso dos videoxogos a cousa aÃnda é máis complicada,
pois teñen unha historia aÃnda moi recente e son produtos cuns volumes de
fabricación moi elevados, polo que resulta difÃcil coñecer o grao de
excepcionalidade que pode ter unha copia dun xogo, de aà que sexa bastante
salientable o feito de que a
través de eBay veña de venderse unha copia do Super Mario Bros para NES, ou sexa, unha copia da versión
estadounidense de 1985 do xogo que iniciou a saga de tÃtulos de desprazamento
lateral protagonizados polo fontaneiro Mario.
O prezo pagado finalmente polo xogo foi de 30.100,44 dólares (25.769,82 euros),
cantidade elevadÃsima para un xogo do que probablemente se puxeron en
circulación un millón de copias, pero resulta que o produto estaba nun estado
impecable (nin sequera a súa caixa de cartón está lixeiramente danada) e
conserva o plástico orixinal e incluso a etiqueta de prezo (que marca 26,99
dólares).
Ao parecer, esta rara copia de Super
Mario Bros provén dunha colección que mercou unha persoa de Morgantown
(Pennsylvania) que se dedica precisamente á compra-venda de videoxogos e consolas,
e consideran que actualmente só quedarÃa unha ducia de copias do xogo aÃnda no
plástico orixinal, e probablemente ningunha en tan bo estado.
En calquera caso sorprende o elevadÃsimo prezo que acadou a poxa, xa que estamos
ante un xogo que foi todo un supervendas e do que aÃnda quedan moitas copias en
boas condicións, aÃnda que o gañador da poxa xa ten pagado cantidades elevadas
por outros xogos ao mesmo vendedor, como os 11.200
dólares que desembolsou por un lote de 4 xogos entre so que figuran o
perseguido Kid Icarus de NES e o
desastroso E.T. de Atari 2600.
