Panini Comics estrea tenda en liña

venres, 13 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Os afeccionados ao mundo do cómic (especialmente de coleccións da Marvel) que teñan dificultades para facerse con números atrasados ou simplemente que non vivan preto dunha libraría especializada poden facer uso da nova tenda en liña de Panini, na que atoparán os distintos produtos da editorial repartidos en categorías e que se recibirán comodamente no domicilio de balde para pedidos superiores a 60 euros (pagando 3 euros en pedidos de entre30 e 60 euros e 6 euros en pedidos inferiores a 30 euros). Os pagamentos poden realizarse mediante tarxeta de crédito ou contrarreembolso.
A nova web de vendas de comics de Panini destaca por permitir aos lectores realizar comentarios sobre as obras, o que facilitaría a súa escolla a futuros consumidores.