Paris Hilton protagoniza un xogo en Flash ambientado na cadea

mércores, 6 de xuño do 2007 Marcus Fernández

A multimillonaria norteamericana Paris Hilton está a acadar a atención mundial pola súa entrada na cadea condenada por conducir a 113 quilómetros por hora nunha zona limitada a 50 despois de que lle retiraran a licenza de condución por conducir bébeda. Agora, a herdeira da cadea hoteleira Hilton terá que pasar 23 días presa, deixando claro que os cartos non serven para librarse do cumprimento das normativas de tráfico.
Para facer burla do incidente na Internet xa hai un xogo en Flash que permite meternos na pel de Paris Hilton traballando na cadea facendo matrículas de automóbil, nun xogo que chaman The Prison Life (en clara alusión ó programa de televisión The Simple Life protagonizado por Paris Hilton e Nicole Richie) e no que se pode ver a Paris gravando placas de matrícula evitando machucar ó seu canciño na operación.
As propias placas de matrícula inclúen certas bromas sobre Paris Hilton, pois abrevian frases en inglés coma DUI4ME (conduce bébedo para min), DRV2FST (conduce de festa) ou PRVTCEL (cela privada).
Cando menos o xogo é divertido:

PUBLICIDADE