Pecha a web TorrentSpy ante a presión legal

venres, 28 de marzo do 2008 Marcus Fernández

A web de busca de ficheiros da rede BitTorrent, TorrentSpy, pechou definitivamente esta semana por decisión persoal dos seus administradores, que veron como distintas decisións xudiciais poderían facer perigar a privacidade dos seus usuarios.
Na portada da web figura agora unha nota na que aseguran que a situación legal actual é «demadiado hostil» e se ven arrastrados a un peche permanente tras 2 anos de constantes litixios que lles custaron centos de milleiros de dólares.
A MPAA levara a TorrentSpy ante os tribunais baixo por promover supostamente a piratería cinematográfica, e para prosperase a causa era preciso que TorrentSpy ofrecese datos dos seus visitantes, medida á que se negaron (destruíndo intencionadamente os datos requeridos), o que os puxo nunha mala posición fronte as autoridades norteamericanas que lles levou a bloquear o acceso á súa web dende os EE.UU., o que parece que non impediu que continuase a problemática legal que finalmente levou ó peche do servizo.

PUBLICIDADE