Pechan Yend It, unha das webs que difundÃa series de televisión e pelÃculas baseándose no servizo Stage6
venres, 31 de agosto do 2007
Os responsables de DivX crearon en marzo de 2006 un
reprodutor do seu formato
de vÃdeo orientado á web que se completarÃa 5 meses despois co
servizo Stage6 quixeron crear un YouTube de seu, con contidos de altÃsima
calidade (mesmo teñen clips en alta definición) que comezou con certa
permisividade, polo que multitude de usuarios se dedicaron a compartir mediante
tal plataforma unha chea de pelÃculas e series de televisión librándose asà das
complicacións das redes P2P.
En vista de que publicar contidos sen permiso poderÃa dar problemas a Stage6, a
xente de DivX eliminaba da súa web as referencias ós vÃdeos conflitivos, pero
non os borraba do seu sistema, o que propiciou a aparición de webs coma Joox, que recompila centos de vÃdeos en inglés de
material difundido sen permiso dos seus autores.
Vendo que dende DivX non tomaban medidas ante este tipo de webs (posiblemente
para promover o engadido para o
navegador que permite a visualización de clips en DivX incrustado en páxinas
web) apareceron moitas réplicas de Joox para contidos en español, destacando PelÃculasonline, Yend It, Sinlamula
e Divoox, pero tras moitos meses de bo
funcionamento parece que dende DivX non queren arriscarse a que a proliferación
deste tipo de webs lle afecte negativamente, e comezan a vetar o acceso ós
contidos do seu servidor dende algúns dominios de Internet. Tal pasou con Yend
It, páxina que vén de pechar tras recibir unha advertencia de DivX e á que
poderÃan seguir o resto.
Nun blog, o
responsable de Yend It baixo o pseudónimo FeKuLa comentaba o acontecido, recomendando
ós seguidores da súa web que empregasen servizos alternativos e recoñecendo que
preferÃa non complicarse a vida loitando contra os vetos da compañÃa
norteamericana.
De continuar a persecución de webs deste tipo por parte de DivX pasarÃan a
estar en perigo de extinción, e os seus usuarios deixarÃan de ter unha
biblioteca videográfica de balde na Rede, que poderÃa estar a supor un
importante prexuÃzo a industria audiovisual (xa que permite a descarga de
contidos protexidos por dereitos de autor a unha enorme masa de usuarios que
non se atreve coas tecnoloxÃas P2P).
