Periférico novidoso para a PS3

mércores, 21 de marzo do 2007 Raquel Noya

Especialmente indicado para os que adoitan a xogar por ordenador e que non poden ter ó alcance da man as últimas estreas creadas exclusivamente para esta consola (un catálogo que se nutre de exitosas sagas como Metal Gear, Devil May Cry ou Final Fantasy, todos eles cunha potente capacidade gráfica), a empresa SplitFish, vén de presentar un dispositivo que trae o control típico dos xogos de PC á PS3. Non cabe dúbida de que este periférico compensará perfectamente a falta de práctica dos PC adictos á hora de enfrontarse á nova consola, xa que contén un rato para a man dereita que inclúe tódolos botóns do SIXAXIS da PS3, ademais dun botón frag que minimiza a sensibilidade e unha alfombriña para xogar no salón e poder colocala sobre as pernas (se é que están en todo).
O mando da man esquerda é totalmente programable, tamén inclúe un sensor de movemento e está pensado para ser empregado ó estilo do Wii-mando. Tamén ten unha roda ou dial para controlar a velocidade ou ir adaptándose ás condicións de cada xogo.
En definitiva, un dispositivo que lle permitirá ós “ratoadictos” adaptarse perfectamente á Playstation 3 dos seus sobriños e presumir de ser un verdadeiro “crack” nisto dos videoxogos.
Xa queda menos para a chegada da consola
Os seareiros das videoconsolas están que comen as unllas. Entramos nunha semana clave, por fin, logo dunha longa espera e morrendo de envexa vendo como os xaponeses xa levan tempo disfrutando dela. Falamos da Playstation 3, que está xa á volta da esquina. O vindeiro venres 23 de marzo a aposta de Sony para a nova xeración de consolas (tras numerosos retrasos) verá a luz no noso país. Para aliviar a inquietude e evitar a perda das unllas das dúas mans daqueles que agardan impacientes a súa chegada, Sony facilitou unha web na que se pode comprobar se os xogos que temos da PS e a PS2 serán compatibles coa nova PS3, aínda que é de supoñer que serán poucos, debido á limitada retrocompatilibidade da consola.

PUBLICIDADE