Periga o futuro de Bloglines polo seu mal funcionamento actual
luns, 20 de outubro do 2008

- Dende TechCrunch denuncian o mal funcionamento de Bloglines na actualidade
Nas empresas
tecnolóxicas é normal un crecemento meteórico que leva á venda da compañÃa por
un prezo elevado, pero tampouco é raro que os novos propietarios dun servizo
moi popular na Rede descoñezan cómo manter o éxito, e iso parece estar a pasar
con Bloglines, a plataforma de lectura de fluxos RSS que ata hai poucos meses
era lÃder na Internet (aÃnda que foi perdendo posicións ante o sistema homólogo
de Google) e que agora poderÃa estar a nun momento crÃtico, e mesmo o fundador
da compañÃa, Mark Fletcher (quen a vendeu en 2005 a Ask.com) criticou que Bloglines non
está a actualizar a información de milleiros de blogs, o que fai que
o servizo perda toda a súa utilidade, facendo que os usuarios se vexan forzados
a migrar a Google Reader.

- O fundador de Bloglines quéixase do mal funcionamento do servizo dende Twitter
Curiosamente a operación de mudarse de Bloglines a Google Reader ou mesmo a un lector de RSS de escritorio é moi doada (pois conta con opción de exportar as nosas subscricións), polo que poderiamos estar a vivir o ocaso dun servizo que fora o número 1 e que por desidia dos seus actuais responsables poderÃa quedar no esquecemento.
