Piqué pecha a súa empresa de videoxogos

xoves, 5 de xullo do 2018 Marcus Fernández

No ano 2011 Gerard Piqué fundou unha empresa de videoxogos, Kerad Games, pero esta aventura empresarial iniciada en Barcelona non chegou a bo porto, e veñen de pechar o estudio tras acumular importantes perdas.
A compañía lanzou ao mercado os xogos móbiles Golden League, Trivia League e Stop Goal, e aínda que o primeiro tivo unha magnífica difusión internacional, os resultados económicos non foron acordes, e aínda que a chegaron a facturar 1,2 millóns de euros en 2015, os resultados foron negativos en todos os exercicios agás en 2014, cando conseguiron rexistrar uns beneficios de só 5.663 euros, de aí que non sorprenda que cesasen a súa actividade.
A compañía, que chegou a elevar os seus fondos até os 1,8 millóns de euros, finalmente bota o peche cunhas perdas que superan os 2 millóns de euros, de aí que decidisen deixar de inxectar capital no proxecto, pasando boa parte dos traballadores a outras empresas do grupo.

Kerad Games cesa a súa actividade tras acumular grandes perdas

PUBLICIDADE