Piratean as webs de ICANN e IANA
luns, 30 de xuño do 2008
Coma en casa do ferreiro, coitelo de pau, non
nos deberiamos sorprender de que as páxinas web de ICANN e IANA (entidades que
xestionan o nomes de dominio da Internet
e a asignación de enderezos IP) foron pirateadas e redirixidas a outra páxina
na que un
grupo de crackers turco coñecido coma NetDevilz
aseguraba que era capaz de controlar os dominios de Internet por riba de ICANN.
O ataque non consistiu nunha modificación das páxinas de ICANN e IANA, senón na
modificación
dos rexistros de DNS dos seus dominios de Internet correspondentes,
deixando constancia de que na Internet non están seguros nin os organismos
reguladores do seu control.
