PlayStation Home celebra o aniversario de WipEout

xoves, 8 de xullo do 2010 Marcus Fernández

PlayStation Home permite botar unha partida a unha versión 2D de WipEout

A PlayStation 3 leva bastantes meses contando cunha comunidade en liña semellante a Second Life coñecida coma PlayStation Home, e que tende a pasar desapercibida para a meirande parte dos usuarios, polo que Sony está a potenciar este espazo virtual con interesantes novidades, coma o Museo WipEout, un espazo futurista que pretende celebrar o 15 aniversario de WipEout en PlayStation con modelos a tamaño natural dos clásicos vehículos do mencionado xogo e actividades complementarias. Os seareiros da saga poderán agora xogar a máquinas arcade de WipEout2D e incluso a un WipEout Shooter, polo que hai opcións para todos os gustos.
Esta semana tamén chega ás tendas de PlayStation Home nova roupa para os nosos avatares, entre as que destaca unha liña de roupa dos 80 no espazo Playground, o sombreiro de Domingo no Cruceiro de MuiMui, xunto con roupa de baño moi nova (entre as que hai ata bikinis de LocoRoco). Tamén estrearase unha serie de camisetas de Batman.
Os afeccionados aos xogos de loita tamén poderán adquirir traxes de Street Fighter IV, concretamente os correspondentes a 7 pesonaxes: Rose, Sakura, Abel, Dan, Fei Long, Gen e Gouken.

Tamén é posible rememorar WipEout nun shooter



Esta semana saen 7 novos traxes de personaxes de Street Fighter IV



Os nosos avatares poderán adquirir nova roupa de baño, entre a que non faltan motivos de xogos coma LocoRoco


Vídeo no que presenta a homenaxe que PlayStation Home fai a WipEout