PlayStation Plus celebra o verán con tres novos xogos
martes, 29 de xullo do 2025
Os subscritores de PlayStation Plus poderán gozar este mes de agosto dunha selección variada de xogos, cunha combinación de acción, supervivencia extrema e loita baseada en anime. Lies of P, DayZ e My Hero One’s Justice 2 estarán dispoñibles a partir do 5 de agosto como parte da oferta mensual do servizo. Ademais, Sony continúa a celebrar o 15º aniversario de PlayStation Plus cunha nova entrega de agasallos dixitais.
O prato forte desta nova remesa é Lies of P, un soulslike escuro ambientado nunha reinterpretación do conto clásico de Pinocho. O xogo propón unha viaxe a Krat, unha cidade inspirada na belle époque onde Pinocho deberá facer fronte a marionetas asasinas e outros perigos mentres busca ao seu creador, Geppetto. Cun sistema de loita baseado en brazos de lexión intercambiables e opcións narrativas que lle permiten mentir, o tÃtulo combina combate esixente e toma de decisións morais.
Tamén se incorpora ao catálogo DayZ, o recoñecido xogo de supervivencia multixogador que propón un mundo aberto onde cada decisión conta. Sen puntos de gardado nin segundas oportunidades, os xogadores deberán sobrevivir en territorios extensos como Chernarus ou Livonia, onde os infectados e outros superviventes representan ameazas constantes.
Completando a oferta atópase My Hero One’s Justice 2, a secuela do popular tÃtulo de loita baseado na serie My Hero Academia. O xogo permite combater en escenarios tridimensionais utilizando os dons caracterÃsticos de cada personaxe da serie, nunha experiencia pensada para os fans do anime e dos combates espectaculares.
Ademais dos xogos, Sony anunciou que a partir do 5 de agosto tamén estarán dispoñibles sen custo engadido unha serie de avatares exclusivos polo 15º aniversario de PlayStation Plus. Estes avatares, baseados en tÃtulos populares como Cyberpunk 2077, Hogwarts Legacy, Diablo IV, God of War Ragnarök e Twisted Metal, estarán dispoñibles para todos os subscritores activos.
