PlayStation Plus convÃdanos a meternos na pel de Robocop
mércores, 26 de marzo do 2025
Os xogos de abril que recibirán os subscritores do servizo PlayStation Plus destacan especialmente por un dos seus tÃtulos, Robocop: Rogue City, tÃtulo para PlayStation 5 inspirado no filme de Paul Verhoeven que, pese a ser de 1987 segue a estar gravado na memoria de moitos que agora poderán vivir en primeira persoa o que é ser Robocop para protexer as rúas de Detroit dos delincuentes.
AÃnda que este tÃtulo de Nacon non é unha superprodución, convenceu unanimemente a crÃtica e público polo xeito de introducirnos na pel do personaxe metade home, metade máquina, todo un policÃa.
O xogo está ambientado entre os filmes Robocop 2 e Robocop 3 e para os amantes da versión orixinal destaca polo feito de contar co actor Peter Weller volvendo a pór voz a Alex Murphy.
Os outros xogos que chegarán a PlayStation Plus a partir do 1 de abril son moito menos relevantes: The Texas Chain Saw Massacre para PS4 e PS5 (xogo inspirado no filme A Matanza de Texas) e Digimon Story: Cyber Sleuth – Hacker’s Memory para PS4.