PlayStation Plus incluirá The Last of Us Remasterizado en outubro
martes, 24 de setembro do 2019
Aproveitando a emisión dun novo State of Play, Sony anunciou
que os xogos que incluirá PlayStation Plus no mes de outubro serán dous tÃtulos
dos seus Worldwide Studios: o xa clásico The Last of Us Remasterizado
e MLB The Show 19.
A incorporación da versión para PlayStation 4 de The
Last of Us (posiblemente o mellor xogo de PlayStation 3) chega nun
momento no que resulta clara a intención de Sony: facer que os poucos que aÃnda
non gozaron deste tÃtulo o coñezan para asà animarse logo a facerse coa súa
secuela, prevista para o ano que vén.
Este tÃtulo de Naughty Dog ambiéntase nun futuro próximo, tras un brote infeccioso
que fixo desaparecer a civilización tal e como a coñecemos, deixando as ruÃnas
para uns poucos sobreviventes que terán que enfrontarse tanto a outras persoas
(principalmente pola falta de recursos) como aos perigosos infectados que poden
xurdir de calquera recuncho.
Por outra banda, MLB
The Show 19 poderÃa considerarse un grande descoñecido en Europa, xa
que é un xogo de béisbol, que pese a pertencer a unha franquÃa consolidada,
probablemente continuará a verse ignorado por un público que non coñece o deporte
a fondo o deporte ao que quere dar vida.
