PlayStation Plus ofrecerá un par de simuladores en maio
xoves, 30 de abril do 2020
O vindeiro martes PlayStation Plus renova os xogos para os
seus subscritores, no que parece unha aposta polo xogo repousado en tempos de
confinamento, de xeito que os xogos principais son Cities: Skylinies e Farming
Simulator 19, que chegan acompañados no noso territorio por Treasure
Rangers, un xogo español de quebracabezas e plataformas tan modesto
como descoñecido polo grande público.
Pola súa banda, Cities:
Skylines é un xogo bastante interesante para afeccionados a tÃtulos
como Sim City, xa que convÃdanos a construÃr unha cidade, deseñando as
súas estradas, planificando o seu transporte público e construÃndo zonas
verdes. Poderemos dividir a rúa en distritos con distintas normas urbanÃsticas,
e incluso será posible xestionar as finanzas da cidade á vez que se ofrecen
servizos esenciais como a educación, a auga, a electricidade, a policÃa, os
bombeiros ou o sistema sanitario.
Farming
Simulator 19 é outro dos xogos de PS Plus para o mes de maio, que ten
un tÃtulo totalmente descritivo, xa que trátase dun simulador agrÃcola no que
teremos que facer prosperar unha granxa, podendo elixir entre un territorio
americano ou outro europeo, no que colleitar produtos e coidar animais. Neste
tÃtulo poderemos conducir máis de 300 vehÃculos e máquinas das principais
marcas (John Deere, New Holland, Fendt...) conseguindo asà que os amantes deste
ámbito poidan vivir dun xeito fiel o seu soño de ter unha granxa propia.
