PlayStation estrea unha aplicación móbil de control paterno
mércores, 10 de setembro do 2025
Sony Interactive Entertainment anunciou hoxe o lanzamento mundial de PlayStation Family, unha nova aplicación de control paterno dispoñible para descargar desde a App Store e Google Play. Trátase dun paso máis no compromiso da compañÃa por garantir experiencias de xogo seguras para usuarios de todas as idades, ofrecendo a pais e titores ferramentas máis sinxelas e completas para xestionar a actividade dos menores en PlayStation.
A aplicación permite configurar e supervisar a experiencia de xogo directamente desde un dispositivo móbil con iOS ou Android. Inclúe unha configuración inicial guiada para crear contas infantÃs, notificacións en tempo real sobre a actividade dos menores, informes de actividade diarios e mensuais, asà como a posibilidade de aprobar ou rexeitar solicitudes de ampliación do tempo de xogo dende o propio teléfono.
Ademais, PlayStation Family ofrece opcións de xestión do tempo establecendo lÃmites diarios, control do gasto con engadido de fondos e lÃmites mensuais de compras en PlayStation Store, filtros de contido segundo a idade con perfÃs predeterminados e personalizables, e axustes de privacidade para regular como os menores se conectan e interactúan coas funcións sociais da consola.
Sony subliña que este é só o inicio da nova experiencia móbil e que a aplicación irá recibindo actualizacións con melloras no futuro.
VÃdeo promocional da nova aplicación
