PlayStation inicia as súas rebaixas de verán
mércores, 16 de xullo do 2025
As tradicionais rebaixas de verán de PlayStation botan a andar a través da PlayStation Store, onde os xogadores de PS4 e PS5 poden acceder a descontos en centos de xogos e complementos dixitais, incluÃndo tÃtulos recentes e edicións especiais.
Entre as ofertas destacadas atópanse descontos como o 79 % na edición estándar de EA Sports FC 25 para PS4 e PS5, un 45 % no Lote multixeneración de Call of Duty: Black Ops 6 e o 25 % na edición Deluxe dixital de Assassin’s Creed Shadows. Outros tÃtulos como Forza Horizon 5 e Clair Obscur: Expedition 33 tamén contarán con descontos temporais do 25 % e 10 % respectivamente.
Algúns dos tÃtulos en oferta son Alan Wake 2, Baldur’s Gate 3, Final Fantasy VII Rebirth, Cyberpunk 2077, God of War: Ragnarök, Resident Evil 4 Gold Edition, Elden Ring, Dragon’s Dogma 2, Hogwarts Legacy, Stellar Blade, The Last of Us Part I, Gran Turismo 7, Marvel’s Spider-Man 2 e The Witcher 3: Wild Hunt.
Ademais das ofertas dixitais, PlayStation tamén puxo en marcha promocións especiais a través da súa tenda oficial en liña ata o 29 de xullo (ou ata fin de existencias), aplÃcanse descontos de 50 euros na consola PS5 estándar e de 100 euros na versión dixital.
Tamén hai descontos en xogos fÃsicos seleccionados para PS5, como Gran Turismo 7, Horizon Forbidden West ou God of War: Ragnarök. Ademais, os membros de PlayStation Plus obteñen un 5 % de desconto adicional en todas as compras feitas na tenda de venda directa de PlayStation.
