PluggedIn, a nova plataforma norteamericana de vÃdeos musicais
mércores, 16 de abril do 2008

- A nova web achega vÃdeos musicais de alta calidade
A presenza musical na Rede é moi ampla, pero iso non evita que un novo
axente busque un sitio de seu, e PluggedIn
quere converterse na plataforma oficial para os vÃdeos musicais inspirada en
Hulu (a plataforma de series de televisión máis importante dos EE.UU.).
PluggedIn amosa vÃdeos musicais de alta calidade de compañÃas coma EMI, Sony
BMG e Universal, xunto cunha número importante de selos independentes,
agardando que Warner Music se sume a esta iniciativa en breve, o que poderÃa
atender a unha demanda de vÃdeos de alta calidade fronte aos contidos que
habitualmente se poden atopar en YouTube.
No seu lanzamento este
servizo conta cuns 10.000 vÃdeos, que polo momento só se poden ver dende
EE.UU. e Canadá (como tamén pasa con Hulu) aÃnda que serÃa desexable que
eliminasen as restricións xeográficas para que os afeccionados á música teñan
unha plataforma de referencia onde ver os seus vÃdeos musicais favoritos sen
ter que padecer a mala calidade que presentan moitos dos clips que hai na web
(e que normalmente están cheos de logotipos e outros grafismos de canles de
televisión).
