Pokémon GO estrea un modo fotográfico en realidade aumentada
martes, 12 de febreiro do 2019
Pese a que deixou de estar na primeira liña informativa, o xogo
Pokémon GO está a ter moi boa saúde, con
millóns de usuarios en todo o mundo e uns ingresos sólidos, polo que os seus
responsables non deixan de engadirlle funcionalidades e contidos, sendo a
última novidade a función de Instantánea
de GO, que permite aos xogadores sacar fotografías de calquera Pokémon
que teñan non seu almacenamento.
Os usuarios poderán empregar a función vendo un Pokémon en particular ou a
través da cámara na Bolsa de obxectos, dende onde poderá elixirse un Pokémon,
tocar a pantalla para lanzar a Poké Ball a ese lugar e logo buscar o mellor
ángulo para retratar ao Pokémon nesa posición.
A criatura virtual presentarase así en realidade aumentada, facilitando que os
usuarios poidan sacarlle fotografías dende distintos ángulos e tamén retratarse
con eles, para logo compartir eses momentos nas canles sociais vinculadas.
Ao compartir as imaxes tomadas recomendan usar o cancelo #InstantaneadeGO para facilitar
a súa difusión entre a comunidade de xogadores de Pokémon GO.